O Ribeiro

O PSdeG pide ao PP que respecte o proxecto das Banquetas

O Ribeiro

O PSdeG pide ao PP que respecte o proxecto das Banquetas

Os socialistas critican os retrasos e a falta de control nas obras que eles conseguiron

O PSdeG-PSOE de Ribadavia reclámalle ao grupo de goberno do Partido Popular que respecte o proxecto orixinal que

logrou o anterior goberno para a Praza das Banquetas e a rúa Corral. Os socialistas lembran que foi da súa man no goberno cando se acadou unha subvención da Xunta de Galicia, onde o Concello aportaba o 20% do orzamento e cun importe total de case 100.000 euros para pór en valor unha das prazas máis importantes de Ribadavia. Para o PSdeG esta obra é de vital importancia xa que "así o demandaban moitos veciños desas rúas que tiñan problemas para aparcar ou acceder as súas vivendas polo tráfico na zona", explica o portavoz socialista Nacho Gómez. 

Dende o PSdeG-PSOE volven denunciar, unha vez máis, "os retrasos e a falta de control nas obras", como acontece co campo de fútbol do Xestal, que comezado o 2020 aínda segue sen estar listo para que os clubs da vila poidan empregalo "unha situación inxustificada e na que o alcalde mentiu a veciñanza ao dicir que estarían listas en setembro, e 4 meses despois seguimos agardando", sinala Nacho Gómez, quen tamén apunta "é un dos exemplos ao igual que as beirarrúas de Francelos, o cambio de proxecto do Parque Robla, a iluminación do Castelo ou o proxecto da Praza das Banquetas, obras todas elas que o PP se está atribuíndo cando fomos os socialistas os que as acadamos con traballo e esforzo e aínda por riba non cumpren os prazos", matiza o portavoz.

Más en O Ribeiro