Provincia

O PSdeG pide medidas contra os cortes de luz en Leiro

Aseguran os socialistas que "fai pouco estiveron tres días sen alumeado público en gomariz"

O portavoz municipal do PSdeG-PSOE, Manuel Rodríguez, vén de presentar un escrito no Concello de Leiro, pedíndolle explicacións ao grupo de goberno por os cortes de luz na rede publica, xa que recentemente os veciños estiveron dous días sen alumeado publico, nunha parte do casco urban.

Fai poucos días, nunha parte da parroquia de Gomariz, en concreto no barrio da Esperela, tamén estiveron tres días sen alumeado publico, "polo que desde o grupo municipal socialista lle esiximos unha explicación e información aos gobernantes municipais por a continua falta de luz", sinalan.

Tamén no mesmo escrito, lle piden ao alcalde de Leiro información sobre o tipo de medidas que se van adoptar desde o Consistorio, para que non se produzcan este tipo de cortes do alumeado público, "porque é triste que estean pasando estas cousas en pleno seculo XXI", engaden os socialistas. 

O portavoz, asegura que "esto non é un caso aillado, xa que ten pasado máis veces, ante o pasotismo e a desidea de facer as cousas ben por parte de este goberno municipal, "que están a outras cousas menos ao que teñen que estar, que é facilitar unha mellor calidade de vida e dar servizos de calidade a nosa veciñanza".

Desta maneira, este grupo da oposición espera recibir unha resposta por parte dos responsables municipais e tamén que se tomen medidas para acabar cos cortes eléctricos.

Te puede interesar