O RIBEIRO

O PSdeG, contra a supresión de prazas para aparcar en Leiro

Asegura o socialista que os veciños lle transmitiron as súas queixas porque "eliminaron un sitio moi necesario para o aparcadoiro diario"

O grupo municipal do PSdeG de Leiro faise eco do malestar de moitos veciños debido a supresión de 10 prazas de aparcadoiro na estrada OU- 209. Segundo sinala o portavoz, Manuel Rodríguez Vázquez, "xustamente un día despois da denuncia pública do PSdeG de Leiro sobre a necesidade de instalar redutores de velocidade, procedeuse ao pintado da estrada OU-209, de titularidade autonómica, eliminando con esta acción ata 10 prazas de aparcadoiro".

Asegura o socialista que os veciños lle transmitiron as súas queixas porque "eliminaron un sitio moi necesario para o aparcadoiro diario dos usuarios da estrada".

Tamén considera Manuel Rodríguez que "trátase dun agravio reiterado cara ao pobo de Leiro, posto que non hai moitos anos xa eliminaran outras tantas prazas na rúa Gabino Bugallal, por onde pasa a citada estrada e, así mesmo, na rúa Rei de Viana; ocasionando, en ambos casos, graves consecuencias para o pequeno comercio e para o pobo en xeral".

Te puede interesar