El PSOE exige una solución a las casas en ruinas de Leiro

img-20190905-wa0031_result
photo_camera Un inmueble en estado ruinoso, en la localidad de Leiro.
O voceiro socialista na Corporación, Manuel Rodríguez, lembra que “moito se fala en Galicia dende hai tempo da problemática do despoboamento que está a deixar áreas enteiras do noso país practicamente desertas”

O grupo municipal do PSOE de Leiro solicítalle o Concello a elaboración dun catálogo con tódolos inmobles que se achen en estado de abandono ou ruinosos, co fin de evitar problemas de seguridade, dado o mal estado dalgunha das vivendas en cuestión. Os socialistas presentarán unha moción para debater no próximo pleno e agardan que haxa unanimidade nunha causa que consideran “indispensable para evitar a imaxe fea e a inseguridade”. Os socialistas pedirán a súa vez que se habiliten fórmulas de subvención para facilitar a recuperación dos inmobles que sexa posible e se comunique a tódolos potenciais interesados, ademais de informar os propietarios das súas obrigas e que dese xeito, quede documentado e se saiba que o concello cumpre a lexislación vixente.

O voceiro socialista na Corporación, Manuel Rodríguez, lembra que “moito se fala en Galicia dende hai tempo da problemática do despoboamento que está a deixar áreas enteiras do noso país practicamente desertas”, e sinala que “esta lamentable realidade acarrea a súa vez outras funestas consecuencias como a proliferación de casas abandonadas, algo especialmente visible nas aldeas de Leiro e no propio casco urbano da capital do municipio”.

O PSOE de Leiro considera que, "xa que a Xunta vén de publicar a Lei de Rehabilitación de Galicia, que fai fincapé nesta problemática, é o momento de que o Concello tome cartas no asunto e poña en marcha mecanismos que sirvan para que non haxa casas en estado de abandono en Leiro”.

Te puede interesar