O PSOE insta a rehabilitar a antiga cooperativa Ribeiro

O grupo socialista diante do vello edificio da cooperativa.
photo_camera O grupo socialista diante do vello edificio da cooperativa.

O PSdeG-PSOE impulsa a declaración das instalacións da primeira cooperativa vitivinícola de Galicia, localizada no Concello de Leiro, como patrimonio industrial. Os socialistas queren que esta edificación inaugurada en 1952, pero que estende as súas orixes ata a pasada década dos anos trinta, teña os niveis de “protección, conservación e difusión” que garante a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia.

“Queremos que este recoñecemento legal sirva para a súa posta en valor e protección, así como para a investigación, valorización e transmisión da súa historia ás xeracións presentes e futuras”, destacan. A iniciativa presentarase ao pleno da Deputación provincial de abril

Igualmente, insta á Deputación e ao Concello de Leiro a “impulsar un proxecto de rehabilitación do edificio e a súa contorna, cun uso parcial para actividades culturais e educativas.

Te puede interesar