O PSOE de Leiro critica a compra dunha máquina multiservizo

Casa consistorial de Leiro.
photo_camera Casa consistorial de Leiro.
O PSdeG-PSOE de Leiro critica a xestión levada a cabo polo goberno municipal do Partido Popular na adxudicación da compra dunha máquina multiservizos de corte e barredora para tarefas municipais

Os socialistas afirman que, tras ter acceso á documentación, comprobaron que das dúas empresas participantes na licitación, gaña a mesma a que presenta a oferta máis cara, cun diferencial de custes de case 9.000 euros.

Dende este grupo sinalan que a este proceso presentáronse dúas empresas, “unha que ofrecía a máquina por importe total de 28.352,32 euros e outra cuxo prezo estaba fixado en 16.196,86 euros, cun diferencial entre ambos de 8.754 euros”. Os socialistas esgrimen que “unha das eivas principais da adxudicación radica nas puntuacións, xa que sae beneficiada a empresa coa oferta máis cara por mor de que ofrece dous anos de mantemento gratuíto e dous de ampliación de garantía”. Afirman que “non pode ser que a valoración do mantemento e a garantía sexa practicamente a mesma que a do prezo da máquina”.

O alcalde, Francisco José Fernández, declara que a adxudicación se fixo “conforme ao pliego de condicións”, matizando que unha das empresas só fixo unha oferta á baixa, puntuando cero no resto das condicións, mentres que a elexida ofertou á baixa e aporta outras mellores “de mantemento, revisións e máis garantía, ofertando o que se pedía”, conclúe.n

Te puede interesar