OBRAS

O PSOE pide melloras no acceso a Subirol, no Irixo

Os propios veciños incluso marcaron a liña por onde se debería recortar dito muro

O Portavoz do grupo municipal socialista do Irixo, Iago Fariñas Valiña, recórdalle ao alcalde, Manuel Penedo, que xa fai seis meses que no pleno do mes de agosto pasado se plantexou a reclamación dos veciños da aldea de Subirol, na parroquia de Froufe, que levan esperando máis de dous anos para que se recorte unha esquina dun muro de pouco máis de 30 centímetros para permitir que unha ambulancia puidese acceder ó interior da localidade en caso de necesidade.

Os propios veciños incluso marcaron a liña por onde se debería recortar dito muro, "unha obra sinxela que non debería levar máis dun día de traballo ca maquinaria municipal e algún operario do propio concello", puntualiza Fariñas.

Os socialistas consideran "intolerables estes feitos, son unha mostra máis da deixadez e poucas ganas que este alcalde e o seu goberno teñen por traballar", afirman.

Os veciños de Subirol recurriron a este grupo da oposición para que reclamase as obras ao Concello, tendo en conta que durante o verán hai moita máis poboación da habitual, co retorno dos emigrantes para disfrutar das vacacións e lamentan que por causa dese muro, non se poida acceder nin cunha furgoneta ao centro da localidade. 

Te puede interesar