O PSOE pide solucións ás perdas de auga en Cenlle

O PSOE de Cenlle pide explicacións ao goberno municipal polo que considera “nefasto” funcionamento do servizo de auga da traída, xa que segundo apunta, os 974 usuarios deste servizo consumen uns 75.000 metros cúbicos ao ano, pero da captación de Razamonde extráense 166.000 m³. Os socialistas reclaman unha aclaración sobre onde están indo a parar os 91.000 metros cúbicos de auga extraídos do Miño e que os usuarios non consumiron.

Afirman que o Concello “está perdendo ingresos por taxas que non percibe polo consumo de esa auga que se perde e ten que pagar os gastos da electricidade”. Eses 91.000 metros cúbicos de auga suporían para as arcas municipais ingresos ao redor dos 31.850 euros, segundo afirman ao tempo que puntualizan que “está pagando pola electricidade deses 166.000 metros cúbicos extraídos, concretamente 41.500 euros, dos cales 22.750 corresponden aos 91.000 dos que non se sabe o seu destino”, sinala o portavoz, José Rodríguez Veloso.

O alcalde, José Manuel Rodríguez, recoñece que “hai perdas e por iso estamos cambiando os abastecementos e saneamentos en varias parroquias e tamén redactando outros proxectos e buscando financiación”. Considera que se deben á antiguedade das tuberías, polo que hai fugas en moitos pobos excepto Barbantes e Vilar de Rei.

Te puede interesar