O PSOE propón un plan de sinalización integral en Leiro

2020110622350023181
photo_camera Aceso ao pobo de Eira de Mouros.
Os socialistas instan ao goberno local a sinalizar para facilitar a circulación aos visitantes

O PSdeG-PSOE, a traves  do seu portavoz municipal, Manuel Rodríguez, trasladou unha proposta ao grupo de goberno do Partido Popular de Leiro, para que se leve a cabo unha siñalizacion xeneralizada tanto do nome das localidades como tamén dos accesos ós mesmos, "xa que hai pobos no noso Concello que non teñen ningún tipo de sinal e os que a teñen estan en moi mal estado", sinala o portavoz.

Manuel Rodríguez xa fixo referencia a esta carencia no ultimo pleno, indicando ao alcalde, Francisco José Fernández, que algúns pobos do termo municipal non dispoñen de ningún tipo de sinalización. O socialista referiuse a núcleos como A Grova, Vilaverde, Eira de Mouros ou Barzamedelle, entroutros, considerando que "é moi importante facilitarlle o labor a todas as persoas que veñan de fóra e non coñezan o noso termo municipal", apunta Manuel Rodríguez.

Por ese motivo, propón de novo que se acometa un plan de sinalización xeral "para que se vexa que existen", matiza.

O portavoz atribúe esta falta de sinalización a "deixadez de funcións" do grupo de goberno.

Te puede interesar