adminsitración

O PSOE reclama contra os orzamentos de Cortegada

O portavoz do grupo socialista no Concello de Cortegada anunciou a presentación de reclamacións administrativas contra a aprobación dos orzamentos de 2017

O portavoz do grupo socialista no Concello de Cortegada anunciou a presentación de reclamacións administrativas contra a aprobación dos orzamentos de 2017, que están en exposición pública. Alberto Dantas afirma que o asunto de máis importancia que se debate pola Corporación no ano, presentouse ao pleno "sen a documentación que establece a Lei de Facendas Locais".

"Ós concelleiros que estudaron no pleno os orzamentos non se lle deu a documentación mínima que establecen as leis", insiste o portavoz, engadindo que faltaba a memoria explicativa dos principais conceptos de gastos e ingresos, o informe do interventor, a liquidación de 2016 e outra documentación que este concelleiro socialista considera necesaria.

Nese sentido, Alberto Dantas opina que o debate dos orzamentos anuais é a mellor ocasión para dar conta de como se gastaron os fondos públicos que xestiona o Concello e en que se deben investir no exercicio presente.

Te puede interesar