O PXOM de Beade entrou en vigor tras sete anos

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Beade entrou onte en vigor, despois de que o Diario Oficial de Galicia publicase a orde de aprobación definitiva, otorgada pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a principios do mes actual.
Según indicaron fontes deste departamento autonómico, os técnicos da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo e do equipo redactor do PXOM de Beade mantiveron previamente unha colaboración constante, co fin de subsanar as deficiencias sinaladas na orde de non aprobación do 2 de novembro do pasado ano.


PROCESO

Finalmente, o pleno da Corporación municipal de Beade aprobou provisionalmente o plan o 27 de xaneiro deste ano, unha vez corrixidos os fallos detectados.

A entrada en vigor do PXOM pon fin a un proceso de sete anos, dando cobertura a totalidade do municipio, que non dispuña de planeamento urbanístico e rexíase por unha Delimitación de Solo Urbano cunha antigüidade que se remontaba ó ano 1985.

Te puede interesar