¡Se queres voar, vai o domingo a Castrelo de Miño!

A espectacular paixase co río Miño está garantizada. (Foto: Martiño Pinal )
Promocionar a feira de Castrelo de Miño, desaparecida fai 80 anos, é o obxectivo das autoridades municipais, que incorporan ó mercado novas vivencias para atraer ó público. O próximo domingo poderase voar a 50 metros de altura nun globo.
‘Ven voar a Castrelo de Miño na feira do último domingo de mes’ é o reclamo que utiliza este concello do Ribeiro para promocionar o seu mercado mensual recuperado a finais do 2009 dende que deixara de celebrarse na década dos anos 30. A primeira edición acadaba un importante éxito en decembro co primeiro encontro de España de granxeiros virtuais, que xuntou neste municipio a 25 aficionados a este xogo de internet.

O vindeiro domingo pola mañá terá lugar unha nova edición da feira e nesta ocasión os visitantes poderán ‘voar por primeira vez en Castrelo’, según apuntaba o alcalde, Xurxo Rodríguez. Como novidade, a maiores da parte comercial, haberá un espectáculo aéreo nas inmediacións da feira e tamén no parque náutico onde se instalará un gran globo aerostático, que alcanzará ata os 50 metros de altura, e o que poderán subir nenos e maiores para disfrutar dunha nova experiencia.

Esta actividade forma parte dun novo programa dirixido fundamentalmente ós rapaces do concello, chamado Novas Vivencias, a través do que son convidados a vivir experiencias que nunca antes se poideron disfrutar en Castrelo de Miño.

Nestes días, os rapaces recibiron unha carta do Concello onde se lles comunica o programa da feira e se lles insta a ter unha ‘nova vivencia’, sinalou o rexidor.

Ademais, todos os visitantes poderán disfrutar da inmellorable área comercial que se instalará no Complexo de Turismo Náutico, onde poderán mercar os máis diversos productos e xantar os platos típicos das feiras.

MERCADO

Os veciños venderán os seus productos

A feira de Castrelo de Miño non só ofrecerá o habitual mercado coa instalación de postos de venta ambulante, xa que contará coa presenza dunhos 15 veciños do entorno que venderán os excedentes dos seus cultivos, ademais de productos artesanais. Para elo, o Concello habilitou unha zona comercial especial, que na primera edición xuntou a 15 vendedores locais. ‘Pretendemos celebrar a feira o último domingo de cada mes, ofrecendo como complemento o tradicional mercado, a gastronomía e os productos de Castrelo de Miño’, sinalou o alcalde. Asemade, en sucesivas edicións continuarán ofrecéndose actividades novidosas e atractivas para o público, mentras se impulsará a venta dos cultivos locais, que suporán unhos ingresos engadidos para os veciños do municipio.



Te puede interesar