Quince mozos asisten ás aulas de apoio escolar en Ribadavia

Un total de 15 alumnos asisten ás aulas de apoio durante este verán, que por primeira vez puxeron en marcha os Servizos Sociais do Concello de Ribadavia. Os beneficiarios son alumnos de terceiro e cuarto de ESO e mozos de 16 a 24 anos que preparan a obtención do Graduado en Secundaria. As clases son desenvolvidas pola empresa local Entretempos.
Esta actividade está englobada no proxecto do Concello de Ribadavia 'Menos abandonos, máis futuro' e ten como obxetivo principal reducir o abandono escolar. As clases están dirixidas a traballar competencias básicas como a comunicación lingüística, matemática, coñecemento e a interacción co mundo físico, competencia no tratamento da información e competencia dixital. Ademais persíguese prestar apoio e reforzar ó alumnado con menor motivación, ampliar a capacidade para aprender; crear un espazo onde os interesados poidan consultar dubidas sobre os contidos de estudo e mellorar a adquisición das competencias básicas no alumnado en risco de abandono escolar.

As aulas de apoio son unha iniciativa totalmente gratuita que se puxo en marcha a finais de xuño e que se prolongará ata o 31 do próximo mes de agosto, segundo confirman os Servizos Sociais de Ribadavia.

Te puede interesar