O RIBEIRO

A Red de Juderías activa unha aplicación de móbil

photo_camera Marcos Blanco, segundo pola dereita, durante a asamblea da Red de Juderías celebrada en Cáceres

Facilitará o coñecemento e difusión das cidades que integran a asociación

O Concello de Ribadavia participou na Asamblea Xeral da Red de Juderías que se celebrou na cidade extremeña de Cáceres. Ao acto asistiron os alcaldes e concelleiros delegados das 24 cidades que forman parte desta asociación de municipios que ten como fin recuperar e potenciar o patrimonio histórico artístico dos seus barrios xudeus. Por Ribadavia estivo o alcalde, Marcos Blanco Jorge, o concelleiro de Cultura, José Prieto Pérez, e o técnico de Viñedos de Sefarad, Antonio Míguez Amil. Durante a asamblea presentouse oficialmente unha nova aplicación para móbiles co obxetivo de facilitar o coñecimento e a difusión das cidades que integran a Red.

A aplicación, Caminos de Sefarad, está xa dispoñible para os teléfonos que utilizan como sistema operativo Android ou IOS, cun formato moderno, visual, atractivo e de fácil manexo. Está dispoñible en español e inglés e ofrece na súa pantalla de inicio a posibilidade de elexir destino ás 24 cidades integrantes da Red, con imaxes de cada unha delas. Ademais, dentro de cada cidade poderase escoller información xenérica ou específica por monumentos, conta con xeolocalización e mesmo permite realizar visitas virtuais con "street view".

Asemade, a nova aplicación inclue opcións de búsqueda segundo as preferencias do usuario e ofrece opcións para compartir fotos e interactuar coas redes sociales, polo que "se trata dunha aplicación viva, moderna, actual e que permitirá a tódalas persoas ter na súa man unha visita por calquera das 24 cidades", sinala o alcalde de Ribadavia.

Con respecto á nova organización da Red de Juderías, aprobouse dispoñer de un xerente e a creación de tres comisións de traballo por áreas que se consideran prioritarias para as 24 cidades e que se dividirán en Turismo e Comunicación, Patrimonio e Cultura e Educación.

Outra das decisións anunciadas despois da reunión da XXXIX Asamblea Xeral da Red foi un troco na duración da presidencia, que pasará de seis meses a un ano, para "dar más estabilidade e continuidade á hora de executar os proxectos", indican fontes do Concello. Finalmente foron aprobados os orzamentos, que no 2015 ascenderán a 365.000 euros.

Te puede interesar