Ribadavia acolle unha cata dirixida por mulleres profesionais do sector vinícola

Copas de vino

A Igrexa da Madalena de Ribadavia será o lugar de encontro de diversas profesionais do sector do viño, que participarán nunha cata con motivo do 8M. Están convocadas pola alcaldesa, Noelia Rodríguez, para o próximo día 11, ás 18,00 horas.

A cata de viños estará dirixida pola sumiller Mercedes González y, como novidade este ano, tamén participará a regueifeira Lupe Blanco, “que percorrerá as rúas de Ribadavia regueifando ata chegar ao punto de celebración da cata dirixida por enólogas do Ribeiro, donde se catarán os viños elaborados tamén por viticultoras do Ribeiro”, apunta a rexedora municipal.

“É unha edición máis, desde que comecei esta iniciativa no ano 2018, e co fin  de impulsar o labor da muller no sector vitivinícola tan considerado exclusivo do mundo dos ‘homes’, e nada mais lonxe da realidade”, engade.

Así, subliña Noelia Rodríguez que “as enólogas, adegueiras e colleiteiras que participan e repiten cada ano, fan un traballo extraordinario, estan a ganar terreo e a amosar que o fan con outra sensibilidade e perspectiva”. 

Xa están confirmadas para participar na Cata do Día da Muller: Dori Rodriguez, Xulia Bande, Iria Otero, Maribel Gomez e Duvi González, entre outras diversas profesionais desta Denominación de Orixe Ribeiro.

Te puede interesar