Ribadavia anima cun concurso a decorar edificios e comercios

Árbol de Navidad (imagen de archivo)
photo_camera Árbol de Navidad (imagen de archivo)

O Concello de Ribadavia e Establecementos Asociados do Ribeiro, a través da iniciativa de participación cidadá, convocaron o Concurso de Decoración Do NadalNadal nos Barrios”, dirixido aos veciños e comerciantes do municipio.

Establécense dúas categorías: a familiar, na que poderán participar todas aquelas persoas que realicen a súa montaxe no seu corredor, xanela, porta, fachada ou xardín exterior; e a de comerciantes, dirixida a comercios ou empresas privadas situadas no Concello de Ribadavia, que realicen a súa montaxe dentro do propio termo municipal, e que poderán utilizar portas, escaparates, xanelas ou fachadas. Segundo se recolle nas bases, os participantes ceden o dereito de imaxe da súa decoración ao Concello de Ribadavia. 

Os premios establecidos pola organización para os comerciantes e para familias son de 120 euros o primeiro, 80 o segundo e de 50 euros o terceiro seleccionado.

Para a valoración dos elementos decorativos do Nadal, o xurado terá en conta o deseño, orixinalidade, iluminación, o fomento dos valores locais, a cantidade e tipoloxía de materiais reciclables empregados e o contido didáctico do proxecto.

A entrega de premios realizarase o venres 12 de xaneiro de 2023, no salón de plenos do Concello de Ribadavia, ás 13,00 horas. A inscrición neste concurso implica a aceptación expresa das súas bases.

Te puede interesar