SERVICIOS

Ribadavia estrea en Semana Santa a área de autocaravanas

Ademais das prazas de aparcadoiro, esta área destinada ás autocaravanas disporá das instalaciones necesarias para a  vertedura de residuais e para cargar auga

Ribadavia contará a partir da Semana Santa cun punto de servizo de autocaravanas en funcionamento. As instalacións están ubicadas no centro da vila, no antigo campo da feira, xusto debaixo do cuartel da Garda Civil.

As autoridades municipais elexiron este espazo pola cercanía aos servizos da vila, tanto turísticos como de lecer e comercios locais. Ao estar no centro de Ribadavia, todos os turistas que se acheguen teñen a posibilidade de mercar no comercio local e dinamizar este concello sen ter que desprazarse. 

"É unha boa iniciativa xa que ademais quedará reflexada nas guías da Asociación de Autocaravanas de Galicia, o que pon a Ribadavia no mapa e punto de destino deste tipo de turismo", sinala o concelleiro de Obras e de Facenda, Javier Igleisas Sendín.

O concelleiro tamén matiza que aínda que nesta Semana Santa xa se poden utilizar as instalacións, a inauguración oficial prevese para finais do mes de maio, co desenvolvemento dun programa de diversas actividades.

Ademais das prazas de aparcadoiro, esta área destinada ás autocaravanas disporá das instalaciones necesarias para a  vertedura de residuais e para cargar auga, entre outros servizos, co fin de facilitar a estancia dos turistas que elixen esta opción nas vacacións. 

Te puede interesar