Ribadavia estuda crear unha planta fotovoltaica

A alcaldesa contactou cunha empresa para ver a posibilidade de autoabastecer o concello de enerxía

A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, mantivo unha xuntanza cunha empresa para valorar a posibilidade de implantar enerxias renovables no municipio, a través de placas fotovoltaicas. A empresa será a encargada de facer os estudos e proxectos en edificios de titularidade municipal para a montaxe de estructuras que poden ser xestionadas polo propio concello. 

Este proxecto suporía unha reducción na tarifa electrica no gasto tanto do consumo eléctrico como de auga quente e calefacción, das dependencias municipais. Ademais os veciños que queiran sumarse a esta iniciativa terían descontos entre o 15% e 25%.

“A inversion inicial é importante pero o aforro a curto prazo é moi beneficioso para todos”, sinala a alcaldesa. Refírese tamén as zonas protexidas como o casco histórico nas que non está permitida a instalación de ditas placas. A empresa estuda a posibilidade de implantar un espacio fotovoltaico, a través dunha planta fotovoltaica para autoconsumo compartido, donde incluir os suministros do propio municipio, xerando a propia enerxía, que ademais se pode destinar ao consumo veciñal, “polo cal poden beneficiarse deste modelo e sen compromiso de permanencia”, matiza.

Te puede interesar