o ribeiro

Ribadavia e Evega estudan novas ideas na viticultura

Juan Casares y César Fernández durante la reunión.
photo_camera Juan Casares y César Fernández durante la reunión.

Tamén abordaron a necesidade de estreitar lazos entre as dúas institucións para dar un pulo a proxectos comúns 

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Juan Casares, mantiveron unha xuntanza coa finalidade de profundizar na senda de colaboración. Nesta reunión falaron sobre a necesidade de estreitar lazos entre as dúas institucións para dar un pulo a proxectos comúns como a Feira do Viño do Ribeiro ou a Ruta do Viño do Ribeiro.

Ademais, abordaron a necesidade de manter unha permanente interlocución co obxectivo de iniciar novos proxectos que permitan que cada vez o viño cobre máis importancia no desenvolvemento socioeconómico, turístico e cultural de Ribadavia e da comarca do Ribeiro. Esperan que a colaboración  sexa o motor que impulse moitos proxectos de importancia no sector enoturístico.

Te puede interesar