CELEBRACIÓN

Ribadavia honra á Virxe do Portal cun programa de catro días de festas

A vila de Ribadavia celebrará entre os días 8 e 11 deste mes de setembro as súas festas na honra da Virxe do Portal, patrona da comarca do Ribeiro.

A vila de Ribadavia celebrará entre os días 8 e 11 deste mes de setembro as súas festas na honra da Virxe do Portal, patrona da comarca do Ribeiro. Un anticipo destes festexos terá lugar nas prazas do casco histórico o vindeiro sábado, día 3, coa participación de 13 grupos no festival "Arteficial", no que tamén haberá obradoiros infantís e se recollerán alimentos para Cruz Vermella.

Xa o xoves 8, sairá ás 10,30 horas a procesión da Virxe co acompañamento da banda de música La Lira, e, seguidamente, oficiarase unha misa solemne na igrexa de Santo Domingo, cantada pola coral Ecos do Avia. Ás 11 da noite, o auditorio do Castelo acollerá o concerto do grupo Odaiko Percusión. O venres, día 9, a imaxe da Virxe será reintegrada a súa capela ás 18,30 horas, e a misa contará coa coral do Club Artístico. A verbena correrá a cargo da orquestra La Fórmula a partir da medianoite.

O sábado, día 10, A Madalena acolle, ás sete da tarde, o concerto do grupo Tres Pesos, e unha hora máis tarde, as bandas de Agolada e La Lira protagonizarán a décimo sexta edición da xuntanza de agrupacións populares. Os grupos The Tribe's Band, The Castle of Dreams, Gioli e The Prieto Brothers cerrarán, á medianoite, na Alameda, o capítulo musical das festas, nas que tódolos días haberá xogos para nenos na carpa de Ribeirolandia.

Para o domingo 11 está prevista a saída da carreira pedestre, ás 11 da mañá, dende a Praza Maior. O orzamento que manexa o Concello para a organización das patronais é de 42.000 euros, según apuntou a concelleira de Cultura, María López. 

Te puede interesar