Ribadavia pecha as fontes públicas para aforrar auga

Ourense 17-8-2017, Ribadavia, fontes parque A Veronza
photo_camera Unha das fontes que pechou o Concello, na área recreativa da Veronza. (BELAY)

O Concello espera resposta ao informe sobre a nova captación no Miño

O goberno municipal de Ribadavia decidiu cortar o suministro de agua ás fontes públicas que se surten da rede de abastecemento, a fin de baixar o consumo e tendo en conta a situación de prealerta de sequía. Ademais, o Concello tamén suprimiu as regas de rúas e prazas que se viñan levando a cabo dende o inicio do verán.

"Non estamos nunha situación catastrófica, pero debemos tomar medidas preventivas co obxectivo de evitar calquera tipo de despilfarro", subliña o concelleiro de Servizos Públicos, Javier Iglesias. Son un total de catro os surtidores que gastan auga da traída pública no municipio, sen contar as ubicadas na área recreativa da Veronza, e nas que agora se pechou o suministro,se ben  os veciños aínda dispoñen da alternativa dos mananciais naturais da Fonte da Prata ou da Oliveira.

"Estamos traballando conxuntamente coa empresa concesionaria do servizo para comprobar diariamente o estado do sistema, e tamén decidimos rebaixar a presión dende a estación de bombeo do río Maquiáns", apunta Javier Iglesias.

Aínda que polo momento non se van tomar medidas restrictivas, o Concello xa está a planificar ó que vai ser o futuro da rede de abastecemento. Neste sentido, espérase unha resposta da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil ó informe que remitiron as autoridades municipais sobre a idoneidade dunha nova captación de auga no rio Miño, que substituirá á actual no río Maquiáns. 

Te puede interesar