Ribadavia pide apoio para arranxar o antigo matadoiro

O Concello de Ribadavia solicitou unha subvención para arranxar o edificio do antigo matadoiro. Situado a carón do Convento de San Francisco é un edificación dunha entidade importante que se atopa en moi mal estado, sendo moi visible desde o casco histórico. Trátase de acometer obras para a mellora e corrección do impacto paisaxístico, acolléndose ás axudas convocadas polo Instituto de Estudos do Territorio. 

Foi posible gracias a que desde o Concello “tiñamos preparado este proxecto”, sinalan os responsables municipais.  O orzamento do proxecto proposto e solicitado polo Concello ascende a 31.454 euros, sendo a axuda da Xunta á cal opta de 20 mil euros.

O proxecto inclúe unha nova cuberta, a limpeza e reparación da fachada e restauración da carpintaría exterior. Actualmente utilizase como almacén e buscaranse novos usos.

Te puede interesar