O Ribeiro

Ribadavia quere evitar as riadas do Maquiáns

O Ribeiro

O RIBEIRO

Ribadavia quere evitar as riadas do Maquiáns

Destrozos causados polo desbordamento do río na estrada Ribeiro-Carballiño.
photo_cameraDestrozos causados polo desbordamento do río na estrada Ribeiro-Carballiño.

Unha empresa realiza un estudo para buscar a mellor alternativa viable

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil adxudicou á empresa Serye a realización dun estudo de alternativas para buscar a solución máis viable para evitar os desbordamentos do río Maquiáns, na zona da Veronza e rúa Ribeiro-Carballiño, en Ribadavia. Con tal motivo, o alcalde Ignacio Gómez mantivo unha reunión  na que estiveron presentes técnicos da Confederación e da empresa adxudicataria, tendo en conta que o goberno local comprometeuse coa cidadanía para acabar cun problema que nos últimos anos ten causado moitos perxuizos. 

Nese sentido, Ignacio Gómez recorda o arranxo que tivo que realizar o concello no voladizo da estrada Ribeiro-Carballiño. En canto ao último desbordamento no entorno da ponte medieval, declarou o alcalde que "estamos á espera de que se cumpra o compromiso por parte de Patrimonio de realizar o proxecto así como na outra ponte paralela á medieval".

A situación é complexa e segundo os técnicos requírese un estudo detallado para buscar alternativas viables. A redacción deste estudo ten un prazo de execución de dous meses.