Ribadavia rinde unha homenaxe ó finado gaiteiro de Ventosela

Xesús Alonso Montero. (Foto: MARCOS ATRIO)
A homenaxe a Xan Míguez González, o gaiteiro de Ventosela, que organiza a Asociación Cultura Ventos a Ela con motivo do centenario da morte do músico, daba comezo onte no Concello de Ribadavia cun acto de presentación do libro 'A gaita, o gaiteiro e os gaiteiros na poesía galega (1853-2012)' a cargo do seu autor, Xesús Alonso Montero, que se referiu ó homenaxeado como 'a venerable figura do gaiteiro de Ventosela, sobre todo no mundo da música tradicional'.
O catedrático estivo acompañado polo conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez Abad; polo profesor, Xan Centrón; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o alcalde en funcións, José Prieto. O conselleiro referiuse á obra de Alonso Montero, sinalando 'que enche un baleiro bibliográfico, non nun, senón en dous eidos curmáns como son o da gaita e o da poesía'.

A primeira xornada da homenaxe, que se prolongará ata o domingo, rematou cunha mesa redonda na que, entre outros, participou o gaiteiro Carlos Núñez.

Te puede interesar