As axudas están destinadas a promotores públicos ou privados

O Ribeiro e Carballiño comparten o plan Leader

A xerencia do Plan Europeo Leader está ubicada n Concello de Leiro. (Foto: Archivo)
Os responsabeis de xestionar o plan europeo Leader aprobado para as comarcas do Carballiño e Ribeiro convocan para mañá unha reunión informativa coa mesa do viño, no Centro Comarcal de Ribadavia, ás 20 horas, co fin de dar a coñecer as bases para a subvención de proxectos relacionados co sector vitivinícola, podendo respostar ás dúbidas que planteen os asistentes acerca deste programa. En próximas fechas, tamén se convocarán novas xornadas específicas para mulleres, agroforestal e asociacións.
Ás axudas poderá acceder calquer promotor público ou privado de proxectos tanto produtivos como non produtivos sempre que o nucleo de poboación, pertencente ás dúas comarcas onde se localice dito proxecto, non exceda de 2.000 habitantes, entre outras condicións.

Coas reunións, o equipo técnico de xestión deste progrma europeo persigue aclarar con máis detalle tódalas condicións que se requiren para ser beneficiario de ditas subvencións.

Te puede interesar