seguridade

Ribeiro en Común demanda máis seguridade vial na OU-504

san cristovo
photo_camera Travesía do Eixo do Ribeiro no núcleo de San Cristovo.

Dende o grupo municipal reclaman medidas de prevención como badéns, pasos de peóns ou unha mellor sinalización vial

O grupo municipal de Ribeiro en Común de Ribadavia pon de manifesto a necesidade da toma de medidas por parte da Xunta para a mellora da seguridade vial na estrada OU-504 (Eixo do Ribeiro) ó seu paso pola localidade de San Cristovo. Esta formación política suliña que esta vía é de titularidade autonómica e que, nestes días, estivéronse facendo labores de mellora na sinalización na estrada, que comunica Ribadavia co Carballiño e San Cristovo de Cea. Por este motivo, Ribeiro en Común considera que "é o momento propicio para que desde o Concello de Ribadavia se lle reclamen á Xunta medidas inmediatas que melloren a seguridade vial en varios puntos do núcleo de San Cristovo".

Este grupo da oposición municipal lembra que "este tramo é de moita afluencia de transito, ó que hai que engadir que é un núcleo poboacional moi importante do municipio de Ribadavia, e onde ademais está situado o polígono industrial". Deste xeito, Ribeiro en Común reclama que volvan instalarse medidas de prevención tales como badéns que reduzan a velocidade do tráfico ó seu paso polo núcleo de San Cristovo, así como pasos de peóns e unha mellor sinalización vial, tanto horizontal como vertical".

Neste sentido, Ribeiro en Común demanda que ditas medidas se realicen da man da Xunta como titular do vial e, ademais, "se faga cumprindo a normativa de seguridade vial, xa que no pasado  tiveron que retirarse varias sinalizacións por non axustarse a lei vixente para este tipo de estradas".

Te puede interesar