CONCELLO

Ribeiro en Común esixe ao alcalde de Ribadavia que cumpla os horarios

Este grupo da oposición afirma que os cargos remunerados deben estar no concello de 08,00 a 15,00 horas

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia reclama unha mellora na actual organización e coordinación do traballo no Concello, "onde existe certa descoordinación e falta de supervisión nos postos dirixentes", sinala. En consecuencia, acaba de presentar unha moción mediante a que propón, entre outras cuestións, "o cumprimento horario aos cargos electos, ao alcalde e a concelleira de Cultura, que perciben unha remuneración salarial do Concello, xa que independentemente de que atendan as súas funcións fóra do horario de 08,00 a 15.00 horas, este debe ser de obrigado cumprimento para atender á veciñanza na casa do Concello".

Ademais, propón que todos os traballadores municipais exerzan o horario que teñen recoñecido no contrato e que cando o servizo o require e teñan que aumentar horas,  estas lle sexan recoñecidas legalmente e remuneradas.
Tamén pide que a Relación de Postos de Traballo (RPT), na actualidade en proceso de elaboración, sexa consensuado con cada traballador, e se converta este no documento de obrigado cumprimento da organización municipal das áreas, servizos e postos de traballo existentes. 

Te puede interesar