Política

Ribeiro en Común pide que se esixan arranxos na obra do Xestal

Sinalan que o campo de fútbol se atopa en mal estado a pesares da obra executada

O grupo municipal Ribeiro en Común insta ao Concello de Ribadavia a que realice as reclamacións pertinentes á empresa que executou a obra do campo de fútbol do Xestal "por non entregar un campo en perfecto estado, tal e como se recolle na acta de recepción da obra", matiza este grupo da oposición. 

Ribeiro en Común asegura que o alcalde vén de recoñecer que "existiron erros no campo do Xestal por parte da empresa que realizou a obra. Recoñeceuno na xuntanza do Consello municipal de Deportes celebrado o pasado 17 de febreiro, a pesar do cal non interpuxo ningunha reclamación ao respecto, a pesar de ser o concello parte agraviada".

Nese sentido, engade que pola contra, "o alcalde asinou a acta de recepción da obra como se estivera en perfecto estado, cando recoñeceu que non era así. Recoñeceu no Consello de Deportes que segundo a empresa cometeron erros, como mínimo, o de botar terra mollada que agora non filtra, e por iso nos días que chove o campo atopase en mal estado".

Por iso, Ribeiro en Común afirma que "non nos parece de recibo que desde o concello recepcionen unha obra que non se atopa en perfecto estado, e máis cando falamos de un presuposto tan alto", e piden os informes técnicos da obra, "reclamados e aínda non entregados", sinalan os concelleiros.

Te puede interesar