O RIbeiro

Ribeiro en Común pide máis vixilancia co vandalismo

uploaded_vandalo_resultado
photo_camera Pintadas nun inmoble.
Piden que dende o concello se  intensifique a vixilancia e se restauren os inmobles afectados

O grupo municipal Ribeiro en Común reclama ao goberno do Partido Popular medidas urxentes para frear o vandalismo en Ribadavia. "Esixímoslle ao goberno que poña mecanismos para acabar co vandalismo que a día de hoxe actúa con impunidade. A pasividade diante destes actos non pode seguir", sinala este grupo da oposición.

Nese sentido, pide que desde o concello se tomen medidas e iniciativas encamiñadas a intensificar a vixilancia, con Policía Local e coordinando coa Garda Civil, e para restaurar os inmobles afectados.

"En Ribadavia volveron actuar os vándalos, e fixérono sen que a día de hoxe conste ningunha sanción efectuada aos mesmos", matiza, referíndose a varios inmobles, paredes, portas e mobiliario urbano. "Recordamos que, recentemente, e ao marxe do anterior, houbo algún episodio de roubo nocturno en Ribadavia", engade.

Por todo isto, reclaman que se aumenten as gardas nocturnas de Policía Local, e que se intensifique a coordinación coa Garda Civil; que se lle reclame á Subdelegación do Goberno máis efectivos e recursos para a vixilancia nocturna en toda a comarca do Ribeiro; e que o concello restaure, pinte e borre os actos vandálicos. Colaborando cos veciños afectados e vítimas destes ataques", sinala este grupo do oposición.n

Te puede interesar