Ribeiro en Común reclama unha pista nova no Pavillón

O grupo Ribeiro en Común realizará varias reclamacións aos orzamentos da Deputación, que están en período de exposición pública e de alegacións, entre elas unha nova pista para o Pavillón de Ribadavia.

Solicita de novo o cambio de pista “nun dos pavillóns con maior actividade da provincia”, segundo sinala, subliñando que a petición está respaldada pola maioría de clubes deportivos de Ribadavia.
O actual goberno municipal quixo retomar este proxecto en 2021, chegando a trasladar en febreiro do 2022 tamén a recollida de sinaturas dos clubes deportivos deste municipio e dos abonados, do propio Consello Municipal de Deportes e do Pleno Municipal de Ribadavia. “A pesar de todo isto, desde a Deputación, que neste período realizou numerosas modificacións orzamentarias, convenios con concellos e subvencións nominativas, continúa mantendo unha posición de non colaboración con Ribadavia, a pesar de subvencionar moitas infraestruturas deportivas da provincia con moitos menos usuarios”, matiza Ribeiro en Común.

Os orzamentos da Deputación están en período de exposición pública e de alegacións, e por iso anuncia que fará varias reclamacións, entre elas na área deportiva, lembrando que “a instalación dun novo pavimento na pista central foi apoiado pola maioría de clubes e entidades deportivas que subscribiron un manifesto reclamando esta nova pista”, engade.

Te puede interesar