politica

Ribeiro en Común solicita luz e rego para o campo sintético do Xestal

campo ribadavia
photo_camera Inicio das obras do campo sintético de O Xestal.

O grupo reclama a Concello e Deputación que dean garantías de que o terreo do campo sintético non orixine socavóns ou irregularidades futuras no subsolo

Os tres concelleiros do grupo Ribeiro en Común de Ribadavia amosaron a súa preocupación tra-la visita realizada ás obras de construcción do novo campo de fútbol de O Xestal, porque, entre outros motivos, alegan que "non existe consenso técnico respecto á profundidade que se debe realizar na excavación do terreo". Por elo, reclaman que, por parte de Concello e Deputación, se dean garantías de que o terreo do campo sintético non orixine socavóns ou irregularidades futuras no subsolo, ademais de que sexan adoptadas tódalas medidas técnicas e de obra necesarias para garantir a compacidade do terreo.

Ademais, o grupo de Ribeiro en Común está sorprendido de que "nun proxecto de 320.000 euros só se inclúa intervención no terreo do campo, sen ningunha instalación de luminarias, nin un sistema completo de rego, saneamento, mellora dos vestiarios e tampouco un peche perimetral do recinto deportivo".

Neste sentido, solicitan que se inclúan melloras que superen o 10% dos 320.000 euros de orzamento do proxecto, "para garantir que se cubran estas necesidades", á vez que piden unha solución consensuada para os terreos do vello campo de fútbol de O Xestal.

Te puede interesar