O Ribeiro logra 12 galardóns nos Decanter World Wine Awards

A Denominación de Orixe Ribeiro foi a única de orixe galego premiada cunha medalla de ouro e co trofeo White Northern Spain Regional Trophy dirixido ao mellor viño branco do norte, outorgados aos viños Casal de Armán 2008 e a Gomariz X 2008 respectivamente.
Deste xeito, a denominación de orixe Ribeiro salda a súa participación, ademais de cunha medalla de ouro, cunha de prata a Lagar de Meréns 2008 e cinco medallas de bronce a Beade Primacía 2009, Abadía de Gomariz 2007, Mentini and Mentini 2009, Casanova 2009 e Viña Mein 2008.


Outros caldos

Ademais, os viños da denominación de orixe Ribeiro foron galardoados con catro mencións, a Terra do Castelo Godello 2009, Sanclodio 2008, Viña Costeira 2009 e Bocarribeira 2008.

Por último cabe destacar o galardón Regional Trophy entregado a Gomariz X, un dos seis que tiveron por gañadores viños de orixe español.

Te puede interesar