Suárez Canal destacou a inversión na comarca nesta lexislatura que ascende a 24,7 millóns de euros

O Ribeiro recibirá 20.000 euros por hectárea para a súa reconversión con cepas autóctonas

 Alfredo Suárez Canal durante a visita á comarca do Ribeiro. (Foto: José Paz)
A inclusión de viñedos a partir de 100 metros cuadrados de superficie no plan de axudas para a reconversión con variedades de uva autóctona suporá para a comarca de O Ribeiro subvencións de 20.000 euros por hectárea. Así o anunciou o conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, no transcurso dunha visita as obras de concentración de fincas que se está facendo en Castrelo de Miño e a unha adega de Cenlle. O conselleiro destacou a inversión de 24,7 millóns na presente lexislatura nesta comarca.
O conselleiro do Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, aproveitou a visita que fixo onte ós concellos de Castrelo de Miño e Cenlle para destacar a inversión de 24.704.635 euros que o seu departamento invertiu o longo da actual lexislatura na comarca do Ribeiro. Suárez Canal desprazouse ata as obras de explanamento do Polígono Agrario da Asociación As Bouzas, en Castrelo de Miño, onde se está habilitando a concentración de 540 parcelas nunha única finca de 30 hectáreas para a súa explotación conxunta de viñedos. A este proxecto destínanse 1,4 millóns de euros. ‘Una actuación que permite superar a fragmentación histórica da superficie productiva’, sinalou o conselleiro.

Asemade, Suárez Canal anunciou a publicación o vindeiro mércores, catro de febreiro, das novas axudas para a reconversión do viñedo, coa inclusión de fincas a partir dos 100 metros cuadrados (antes 1.000 metros cuadrados) e o incremento dos módulos entre un 15 e un 30 por cento. Neste senso, o Ribeiro podería beneficiarse con axudas que rondarán os 20.000 euros por hectárea.

Suárez Canal tamén se referiu o decreto que crea a reserva galega de dereitos de plantación, o que permitirá o reparto de dereitos non utilizados polos seus titulares e os xerados nas superficies de viñedos abandoadas. Outro aspecto que resaltou ten que ver coa disponibilidade ata o 2011 de 1,6 millóns de euros para o desenvolvemento de rutas gastronómicas, turísticas e vitivinícolas, incluida a Ruta do Viño do Ribeiro.

O conselleiro lembrou que do Plan de Impulso Vitivinícola posto en marcha fai un ano xa está executado un 80% do apartado de dotación e reforma de infraestructuras, referíndose como exemplo a seguir ó Polígono das Bouzas. Ademais, anunciou a continuación no 2009 da campaña de difusión para a reconversión varietal mediante inxerta.

7,3 millóns en infraestructuras e parcelarias

Entre as inversións máis importantes levadas a cabo no Ribeiro figura a de 7,3 millóns de euros que Medio Rural destinou a habilitación de infraestructuras, como por exemplo o acondicionamento de accesos ós viñedos, e nas concentracións parcelarias como a de Castrelo de Miño. Asemade, outra partida que destaca é a de 4,5 millóns para a creación ou mellora de 41 industrias agroalimentarias. Suárez Canal tamén realizou unha visita a Adega Casal de Virmadeus, en Cenlle, na que os catro socios propietarios fixeron traballos de recuperación. Son varias edificacións contiguas, que unha vez acondicionadas, constituirán unha superficie homoxenea de dúas plantas, que acollerán as instalacións da adega, oficinas, espazos para a formación, zona de exposición e sala de catas.



Te puede interesar