Rosquillas, licor e herbas medicinais para a noite máxica

Os veciños de Ribadavia celebrarán a Noite de San Xoán na Praza Maior da vila, o próximo 23 de xuño. O Concello, a través da Concellería de Cultura, organiza as actividades para a noite máis máxica do ano, contando cunha importante participación de público.
O programa iniciarase ás 21 horas cunha exposición na mesma praza de herbas medicinais. A partires das 23 horas é cando se prenderá a fogueira para disfrutar ó redor do lume con diversas actuacións musicais, roquillas, licor café e queimada.

O concelleiro de Cultura, Anxo Collarte, convida a tódolos veciños a divertirse e asistir masivamente á Praza Maior. Os presentes recibirán como agasallo herbas aromáticas recollidas para a exposición. Será a celebración oficial que promove o Concello, con independencia doutras fogueiras e festas que a título particular se espallarán pola comarca do Ribeiro.

Te puede interesar