Levaron motores e pezas metálicas, ocasionando cuantiosos danos

Un roubo no bombeo deixa sen auga a Castrelo

Unha das dúas casetas da estación de bombeo da auga dende o río Miño.
Un roubo nas instalacións de bombeo do río Miño, situadas en Astariz, deixou sen auga a un tercio da poboación de Castrelo de Miño. Ante os cuantiosos danos ocasionados e a tipoloxía do material desaparecido, como motores e pezas metálicas industriais de gran tamaño e feitas á medida, ademais de determinadas partes do sistema eléctrico e mecánico de bombeo, a estación non estará operativa ao 100% ata principios da vindeira semana, segundo calculan as autoridades municipais.
O roubo produciuse durante a madrugada do pasado luns, afectando ó suministro de A Cancela, Freás, Astariz, Vide e Prado de Miño, sendo a maior estación de tratamento de auga potable de Castrelo de Miño. Así mesmo, para substraer todo o material, ocasionaron cuantiosos desperfectos nas instalacións de captación e bombeo da auga, que se fai a unha altura de 400 metros sobre o nivel do río para a súa distribución ós pobos, tamén en portas de acceso e instalacións eléctricas, entroutros danos.

O Concello traballa dende o luns, en colaboración con Aquaourense, para reparar os desperfectos e tentar repor de novo o servizo no día de hoxe. Será uha reparación provisional, que se prevé sexa definitiva na vindeira semana. No día de onte realizáronse bombeos puntuais para suministrar auga á poboación. O Concello tamén procede a realizar unha valoración económica das pérdidas.

Te puede interesar