O RIBEIRO

A Ruta do Viño Ribeiro organiza obradoiros 
de enogastronomía

Organiza para os días 21, 22 28 e 29 de maio obradoiros de Harmonía e de Creatividade Enogastronómica.

O obxectivo é ofrecer ferramentas para crear pratos sinxelos con produtos de calidade diferenciada de Galicia e cun toque de creatividade. Nesta actividade persíguese a participación activa dos asistentes que, unha vez elaborado o prato, procederán á degustación harmonizado con viños das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro.

Para impartir os obradoiros, a asociación conta coa participación de profesionais do mundo da enoloxía e da gastronomía como Angel Ríos Quintela, xefe de cociña do Restaurante Pepe Vieira, en Poio (Pontevedra), que conta coa estrella Michelín, e Pablo Vidal, director técnico do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro. Ademáis, a organización anuncia que nun dos obradoiros prestará a súa colaboración Nacho Costoya, un dos sumiller máis galardoados de España. 

Todas as persoas interesadas en participar nesta iniciativa enogastronómica, que ten os viños do Ribeiro como producto estela deberán formalizar a inscrición previa, xa que as prazas son limitadas, 15 por obradoiro. Para elo, poden obter máis información na web www.rutadelvinoribeiro.com ou no teléfono 988.472. 056.

Trátase dunha actividade encamiñada a promocionar a Ruta do Viño do Ribeiro da que forman parte máis de 30 establecementos de diferentes sectores desta denominación.

Te puede interesar