San Clodio chegou a acoller máis estudantes que Ourense

photo_camera La iglesia parroquial de San Clodio acogió la presentación del libro "Historia de San Clodio", escrito por Frutos Fernández González. En el acto lo acompañaron Celso Rodríguez (párroco de Nosa Sra. de Fátima), Francisco Sandoval (historiador) y Lucila Ventoso (directora de Andavira Editora). El evento contó con el acompañamiento musical de Frank Díaz.
Así o refrexa o escritor Frutos Fernández González no seu libro sobre a historia desta localidade

O escritor Frutos Fernández González presentou o seu último libro, resultado de 20 anos de traballo de investigación, sobre a “Historia de San Clodio”. Co aforo da igrexa desta parroquia de Leiro case completo de asistentes arropando ao autor, transcurriu o acto no que se falou da evolución desta localidade desde o S.X ata o XX, incidindo nos contidos máis relevantes recollidos no libro e tamén nos seus principais persoeiros. 

“Resulta moi emocionante presentar este libro na igrexa onde me bauticei e onde celebramos actos importantes”, sinalaba Frutos Fernández, referíndose aos seus vínculos con San Clodio, un lugar cuxa historia está ligada a igrexa e ao mosteiro. Apuntou tamén o autor que “a historia é un relato construído sobre un contexto de feitos do pasado”, e que se o Padre Eiján “convertiu o pasado do Ribeiro en historia, hoxe é este libro o que converte o pasado de San Clodio en historia”.

Frutos Fernández falou sobre a falta de historia local, sobre a que “pode resultar incluso máis difícil escribir”, referíndose aos moitos anos de investigación nos arquivos. “Estou satisfeito especialmente polo que aprendín e disfrutei descubrindo enigmas da historia local”, engadía, asegurando que xeráronlle “momentos de grande satisfacción”, e apuntaba varios exemplos, entre eles o descoñecemento xeral de que o Mosteiro de San Clodio perteneceu ao Cister antes que ós Benedictinos. Entre outros contidos incidiu na importancia que tiveron as escolas, gracias ás que o número de estudantes chegou a superar incluso ao de Ourense.

O escritor aseguraba que “a verdade é o obxectivo principal deste libro” e que non tivo subvención de ningún tipo, porque “non son amigo da cultura subvencionada”. Aínda que é un libro “fundamentalmente de historia, tamén reserva espazo para a memoria, as emocións e os sentimentos”, manifestaba.

No acto interviu Francisco Sandoval Verea, historiador e arquivista, quen destacaba os libros, publicacións en revistas especializadas e artigos de prensa de Frutos Fernández, e sinalaba que “a hisotoria local é unha importante aportación a historia xeral, é unha contestación a preguntas da historia xeral”, subliñando que o autor “captou a partir da tradición oral ou a súa experiencia directa cuestións que se perderían”.

O párroco de Nosa Señora de Fátima en Ourense, Celso Rodríguez, asegurou que o seu amigo soupo descubrir “as orixes gloriosas e os valores auténticos da historia de San Clodio”, sinalando que é un ”legado rico en historia, cultura e relixiodidade”. No acto participou Lucila Ventoso, directora de Andavira Editora, e contouse coa actuación musical de Frank Díaz.

Te puede interesar