O Ribeiro

Un seguro dará cobertura aos socios e á colleita de Viña Costeira

O Ribeiro

viticultura

Un seguro dará cobertura aos socios e á colleita de Viña Costeira

Esta iniciativa dará cobertura a uns 600 viticultores e amparará unha produción de 4,9 millóns de quilos de uva.

A cooperativa Viña Costeira será a primeira de Galicia e a quinta de España en subscribir un seguro colectivo para dar cobertura aos seus viticultores. Así llo anunciaron os seus responsables á directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, nunha xuntanza de traballo na que tamén participou un representante de Agroseguro. Esta iniciativa dará cobertura a uns 600 viticultores e amparará unha produción de 4,9 millóns de quilos de uva.

Viña Costeira tomou esta decisión co fin de dinamizar a súa produción e apoiar a fixación da poboación no rural, especialmente na Denominación de Orixe Ribeiro, na que preto do 50% dos seus viticultores son socios desta cooperativa, e contribuír a unha maior profesionalización do sector.