o ribeiro

Sesenta veciños de Arnoia disfrutan dunha viaxe a Oporto

Para os seguintes meses incorporaranse outras actividades como master-clas de yoga, risoterapia e relaxación

Sesenta veciños de Arnoia participan desde onte e durante a xornada deste domingo na tradicional viaxe que organiza o concello co lema "vacacións para lembrar", e que en esta ocasión os levaron ata terras de Oporto onde estaba previsto un traxecto en barco ata Regua, con parada posterior en Peñafiel e aloxamento en Paredes, na xornada de onte, mentres que hoxe realizarán un percorrido por Oporto, visitando ao regreso Villa Nova de Gaia e Valença do Miño.

Esta viaxe é unha das actividades incluídas na programación de este outubro dirixidas aos veciños de Arnoia. Así, o mes xa comezaba con iniciativas como "Comparte o teu tempo" dirixida principalmente a xubilados e prexubilados, pero que tamén inclúe actividades para todo tipo de idades. Talleres de memoria, manualidades, ximnasia ou xornadas de coloquios e cine, ademais dun espazo aberto de biblioteca para lectura con opción de préstamo, son algunhas das ofertas. 

Para os seguintes meses incorporaranse outras actividades como master-clas de yoga, risoterapia e relaxación. Tamén, dirixidas a todas as idades, desenvolverase a ximnasia de mantemento e pilates e a escola de fútbol-sala para nenos. Como actividades de interese social no que se implican xa adolescentes, país e mulleres, impártense xornadas de talleres sobre redes sociais, cursos de autodefensa.

Te puede interesar