O RIBEIRO

Os socialistas de Leiro alertan da suciedade das fontes públicas

O PSOE considera que se deben tomar medidas urxentes que aseguren o bó estado da auga dos mananciais

O grupo municipal socialista de Leiro considera "intolerable" o estado no que se atopan as fontes públicas, entre elas a máis antiga, mandada construír polo entón alcalde Julián Lage no lugar de Anguieiros.  Os socialistas suliñan que a falla de limpeza fai que esta fonte apareza coa auga verdosa, e que mermara a calidade da auga que brota da mesma, que lembran como unha das mellores do municipio.

Asi mesmo, o PSOE censura a "pasividade e despreocupación" do goberno municipal que preside o alcalde popular Francisco José Fernández, para con todas as fontes de Leiro, incluída a auga destinada ao lavadoiro público, único no seu tipo na propia capitalidade municipal. 
Según os socialistas, a auga aparece de cor verde, ó igual cá do manancial, facendo que estea impracticable para que os veciños poidan facer uso do mesmo. Deste xeito, consideran que se deben tomar medidas urxentes que aseguren o bó estado da auga de fontes e lavadoiros xa que son un servizo básico para a poboación.

Te puede interesar