Os socialistas de Leiro reclaman arranxos en dúas rúas

O grupo municipal socialista de Leiro reclama ó Concello o arranxo da entrada principal da igrexa parroquial na súa marxe dereita e na rúa Gabino Bugallal á altura do Centro de Saúde, onde se están a levantar numerosas lousas da acera, sinalando tamén que hai árbores nunha propiedade privada que sobresaen do muro, poñendo en perigo a peatóns e vehículos.
Este grupo da oposición pon de manifesto 'a falta de preocupación do alcalde que chega a extremos de deixar a un único veciño do núcleo de Barro sen luz', solicitando que contemple unha luminaria no plan provincial deste ano.

O alcalde, Francisco José Fernández, declarou que as deficiencias que presentaba o acceso á igrexa xa foron arranxadas e que a rúa Gabino Bugallal non é competencia do Concello senón da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.

Te puede interesar