Sorteo de premios na campaña do mes de setembro dos comerciantes

A ruleta da sorte do Ear decidirá hoxe os gañadores de 10 obsequios para mercar gratis ou acudir a balnearios

Os Establecementos Asociados do Ribeiro, colectivo que agrupa a establecimientos comerciais e de hostelería de Ribadavia e a súa comarca, está levando a cabo unha campaña de promoción entre veciños e visitantes neste mes de setembro. Concretamente, dende o pasado día 17, por cada compra nun local asociado, os clientes tiñan dereito a unhas rifas que, tras depositalas nunha urna ubicada na Praza de Abastos de Ribadavia, entran en dous sorteos.

Un deles xa se levou a cabo o pasado día 21 de setembro e o outro realizouse onte mesmo, para seleccionar un total de 10 papeletas entre o total de rifas recollidas. Estes 10 clientes foron convocados para xogar hoxe nunha "ruleta da sorte" e así ter a oportunidade de gañar outros tantos premios directos.

Entre eles, seis cheques de entre 50 a 300 euros para gastar nos establecementos da EAR; estancias nos balnearios de Mondariz ou Curtis e, ademais, circuitos terapéuticos nas Termas de Prexigueiro. Todo elo co obxectivo de potenciar as compras no pequeno comercio e, deste xeito, contribuir a dinamizar a comarca.

Te puede interesar