Un total de 50 vivendas do casco histórico entran este ano no plan de rehabilitación

A vivenda que será restaurada, na rúa Salgado Moscoso. (Foto:  Martiño Pinal )
A licitación das obras de restauración dunha vivenda na rúa Salgado Moscoso suma un total de 50 inmobles do casco histórico de Ribadavia que entran este ano no programa de rehabilitación. A oitava fase do convenio coa Xunta incluiu 20 casas e un investimento de 855.000 euros.
A Consellería de Vivenda e Solo licitou por 220.600 euros a rehabilitación dunha vivenda no centro histórico de Ribadavia, cun prazo de execución de nove a 10 meses para a empresa que resulte adxudicataria das obras.

Iste concurso eleva a 50 casas do casco vello ribadaviense que serán obxecto de restauración ó longo deste ano, dentro do pro grama da Área de Rehabilitación Integral (Ari) que está financiada polo Estado e a Xunta.

Rexistro

Ademais dos 130 inmobles recuperados nos sete anos anteriores, a oitava fase do convenio do Ari entre o Concello de Ribadavia e Vivenda contempla unha axuda de 297.700 euros para a reforma de 20 vivendas, según uns proxectos valorados globalmente en 855.000 euros. Os técnicos da Concellería de Urbanismo tiñan rexistrados 49 casas en proceso de obras, ós que se sumará este novo proxecto, que se levará a cabo na rúa Salgado Moscoso da vila ribadaviense.

Según fontes da Consellería de Vivenda e Solo, ‘a rehabilitación do patrimonio construído é unha das principais liñas de actuación como ferramenta para promover un desenvolvemento sustentable, mellorando a calidade de vida dos veciños e contribuíndo á recuperación social dos espazos onde se ubican os inmobles’.

Unha casa con sete habitacións

O último inmoble que vai ser restaurado atópase situado entre os números 26 ó 28 da rúa Salgado Moscoso, no mesmo centro do casco histórico de Ribadavia. A superficie total da vivenda ascende a 110 metros cadrados, e dispón de dous baños, tres dormitorios, un salón-comedor, unha cociña e corredores. As empresas poderán presentar plicas en Vivenda ata o vindeiro día 11.


Te puede interesar