Os traballos que fan enfermos de alzheimer poden verse no Museo

As salas do Museo Etnolóxico de Ribadavia acollen a exposición 'Lembrar no Museo 2005-2011', que resume o traballo desenvolto ó longo dos últimos seis anos con enfermos de alzheimer que están a cargo de AFAOR, a asociación ourensá de familiares de persoas que padecen este tipo de enfermidade.
Durante ise periodo de tempo, os monitores e enfermos traballaron en obradoiros de aprendizaxe e recuperación da memoria, utilizando pezas do museo: libros, fotos, obxectos de todo tipo (xoguetes, bolsos ou reloxos, entre outros) na percura de contribuir ó benestar dos participantes.

A exposición consta dunha serie de paneis con fotografías dos obradoiros e os seus correspondentes textos explicativos, e tamén se amosan 20 pezas da colección do museo coas que traballaron os enfermos.

Te puede interesar