A tradición xudaica en viños chega a Ribadavia

O pasado xoves celebrouse en Madrid unha xuntanza na sede de Casa Sefarad-Israel, institución dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, para a promoción do diálogo coas comunidades xudías. No encontro participou a secretaria xeral da Red de Juderías de España-Caminos de Saferad e o Concello de Ribadavia, xunto con Casa Sefarad-Israel.
O concelleiro de Cultura ribadaviense, Anxo Collarte, sinala que en dito encontro avaliouse o programa de actividades durante a presidencia de Ribadavia das rutas de xuderías, que vai ser apoiado economica e organizativamente por parte de Casa Sefarad-Israel.Tamén na mesma xornada tivo lugar a reunión da mesa de presidencia da Red de Juderías, na que se aprobou o programa de actividades na vila, ao cal se destinarán fondos específicos da rede.

Entre as próximas actividades a desenvolver están figura o 'Seminario Juderías da Raia: Legado e Futuro'. Celebrarase na Guarda (Portugal), o 11 de marzo para avanzar na materialización dunha colaboración estable coas xuderías portuguesas.

Ademais está prevista a 'Xornada sobre Viños e Productos Kosher'. Terá lugar en Ribadavia, o vindeiro 22 de abril. Desenvolveranse temas sobre viticultura e enoloxía dos viños kosher, así como a súa cata, comercialización e exposición, contando coa experiencia de adegas e comercializadores dos viños que se elaboran conforme á tradición xudaica, aínda sen explotar no Ribeiro.

Te puede interesar