O RIBEIRO

Trece concellos acollerán as novas casas do maior

Cenlle
photo_camera O municipio de Cenlle disporá de dúas casas do maior.

Serán de atención ás persoas de máis de 60 anos de idade dependientes

O Consello da Xunta deu conta onte da resolución das axudas para a creación das primeiras 30 casas do maior en Galicia, que se instalarán en 25 concellos de menos de 5.000 habitantes . Cada unha delas atenderá un mínimo de dúas e un máximo de cinco persoas de máis de 60 anos de idade con dependencia moderada ou severa, polo que estas axudas permitirán a creación de ata 150 prazas de atención diúrna para maiores dependentes.

Os concellos beneficiados na provincia de Ourense, onde se implantará o maior número de centros con máis da metade dos 30 aprobados, son: Sarreaus, Rairiz de Veiga, Os Blancos, Punxín, Piñor, A Teixeira, Xunqueira de Ambía, A Veiga, A Gudiña e Laza. E terán dúas casas do maior os municipios de Cenlle, Xunqueira de Espadanedo e Castrelo de Miño.

No seu conxunto para toda Galicia, o investimento para a posta en marcha destes centros supera o millón de euros, dos cales 400.000 se destinarán a apoiar os gastos necesarios para adecuar as casas e 600.000 para o desenvolvemento da súa actividade. As casas do maior funcionarán durante un máximo de oito horas diarias de luns a venres, agás festivos e o mes de vacacións. Ofrecerán flexibilidade horaria e os seus responsables deberán ter formación ou experiencia profesional específica.

Te puede interesar