Unións Agrarias pide actualizar o rendemento das viñas cada ano

González y Vasalo. (Foto: MARCOS ATRIO)
Baixo o lema 'As uvas das nosas viñas non sobran. Por uns rendementos reais', Unións Agrarias recadará sinaturas a favor da modificación regulamentaria para que cada ano unha empresa externa realice un estudo co fin de actualizar o rendemento de cada parcela. O sindicato avoga porque se estipule un rendemento real para cada vendima do Ribeiro.
Por outra banda, a Cooperativa Vitivinícola solicitou ó Consello Regulador un pleno co fin de falar sobre o posible apoio do sector á homologación do contrato proposto por esta adega para uniformizar os precios da uva. O Consello aínda non decidiu se o convoca.

Te puede interesar