Seis usuarios de Aspanas aprenderán a cultivar pimentos

O pasado 20 de maio rematou a primeira fase do proxecto que Aspanas está a levar a cabo no Concello de Arnoia relativo a formación no cultivo de pementos para persoas con discapacidade psíquica da Comarca do Ribeiro . Cruz Vermella firmou un acordo de colaboración para que seis dos usuarios, que atende a agrupación do Ribeiro dende o ano 1999, participen neste obradoiro de cultivo de pementos .
Cruz Vermella foi a encargada de poñer en contacto ás familias dos usuarios coa entidade Aspanas actuando como mediador en calquera comunicación . Tamén asumiu o traslado diario dos alumnos durante o mes de formación ó lugar de traballo. 'A nosa labor rematou coa primeira fase do proxecto que consistía na parte formativa. A segunda fase é a inclusión laboral para ser empregados como peóns agrarios no cultivo de pementos de Arnoia', manifestaron os responsables da agrupación. Nembargantes, so un dos seis alumnos ós que se refire Cruz Vermella pudo firmar o contrato laboral, por non dispoñer de transporte público os restantes.

Te puede interesar