Gonzalo Caballero destaca que a alcaldesa de Ribadavia sexa unha muller

undefined
photo_camera Noelia Rodríguez e Gonzalo Caballero, onte en Ribadavia.
o lider socialista galego manifestou que o novo goberno levará adiante proxectos que prioricen ás persoas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou Ribadavia en compañía de quen será a futura alcaldesa da vila, a socialista Noelia Rodríguez, para amosar o seu respaldo a un goberno progresista para a capital do Ribeiro. O líder dos socialistas galegos enxalzou un cambio no bastón de mando do municipio que permitirá "levar adiante proxectos que prioricen ás persoas" en Ribadavia, un concello "con tanta historia de loita polos dereitos, polas liberdades, pola esquerda e polo progresismo". 

Neste sentido, incidiu na aposta por "políticas sociais, de igualdade, de promoción económica e culturais para unha Ribadavia que é unha representación perfecta do que é a mestura da tradición, cultura e bo facer do noso pobo e da nosa xente". 

"Estou especialmente satisfeito de que vaia ser unha muller quen dea este cambio de progreso a Ribadavia", destacou Gonzalo Caballero, quen sinalou que "é a primeira vez que unha muller vai ser alcaldesa do municipio", un feito "que poñemos en valor" porque "as mulleres non poden ter límites á hora de ocupar espazos de representación pública". 

Noelia Rodríguez amosou o seu compromiso co municipio e asegurou que xa está a traballar "nuns orzamentos sociais que o PP non foi quen de presentar en tempo e forma nesta crise que estamos padecendo en Ribadavia".

Así, a socialista reiterou que a prioridade do goberno progresista de Ribadavia será traballar "para axudar aos máis prexudicados por esta crise, referíndose á hostalería e restauración, e tamén ao comercio e sector vitivinícola.

Te puede interesar