Os veciños de Castrelo convírtense en actores de teatro

Os veciños de Castrelo de Miño teñen unha cita o próximo 5 de novembro no centro de día de Vide para empezar a perfilar o que será o segundo Obradoiro de Teatro.
Trátase dunha iniciativa do Concello, mediante a que os actores son os propios veciños do municipio. Para elo, a fin de conseguir unha boa participación, as autoridades locais xa iniciaron unha campaña animando á xente a apuntarse nas oficinas da Casa Consistorial. Os ensaios serán cada sábado de 19,00 a 21,00 horas, e os responsabeis municipais esperan acadar o éxito do anterior obradoiro, froito do que se representou 'Os desvelos da Martiña'.

Te puede interesar